Citas

Cando o escritor Jack London viu o seu retrato tomado polo famoso fotógrafo Arnold Genthe dixo:

-Debes ter unha das mellores cámaras do mundo.

Cando a conversa rematou, Genthe respostoulle:

-Jack, lin os teus libros. Debes traballar cun gran tipógrafo.

Anónimo

 

Albert Camus:

O outono é unha segunda primavera, onde cada folla é unha flor.

 

 

Albert Einstein:

Se queres obter resultados diferentes, por que fas sempre as mesmas cousas?

 

Todo se debe facer do xeito máis sinxelo posíbel, pero non con sinxeleza.

 

A imaxinación é máis importante que o coñecemento.

 

Alberte Pereira:

A fotografía non ten porqué ser bonita.

 

 

Alfred Einsenstaedt:

O máis importante non é a cámara, senon o ollo.

 

É máis importante facer click coa xente que coa cámara.

 

Alfred Stieglitz:

Na fotografía hai unha realidade tan sutil que chega a ser máis real ca realidade.

 

Non me opoño a retocar ou acentuar sempre e cando elo non interfira coas cualidades naturais da técnica fotográfica.

 

O máis grande fotógrafo que xamáis existiu.

-Sobre Edward Steichen

 

A súa obra é brutalmente directa. Está desprovista de ardideza; desprovista de artimañas e de ‘ismos’. As súas fotografías son a expresión rotunda do hoxe.

-Na súa revista “Camera Work” sobre o traballo fotográfico de Paul Strand

 

 

Anatole Saderman:

Apréndese traballando e so se o que escolliches facer convértese en paixón.

 

Ama ao próximo a quen vas retratar. Se non podes amalo, ódiao. Se che é indiferente, mellor fotografía unha botella que non protesta nin che dá indicacións.

 

Non busques un estilo especial, se tes garra, o teu estilo cristalizará cando menos o agardes.

 

 

Anne Geddes:

As mellores imaxes son aquelas que reteñen a súa forza e importa co paso dos anos a pesar do número de veces que sexan olladas.

 

André Kertész:

Ver non é suficiente, tes que sentir o que estás a fotografar.

 

Se un neno aprende a escribir perfectamente ABC, iso é fermosa caligrafía pero non ten valor ningún a menos que poida expresarse por si mesmo. A técnica é so o mínimo na fotografía.

 

A cámara é a miña ferramenta. A través dela dou unha razón a todo o que me rodea.

 

Fun ao seu estudo e instintivamente tratei de capturar nas miñas fotografías o espírito das súas pinturas.

-Referíndose a Chez Mondrian

 

O momento sempre dita o meu traballo. O que sinto, o que fago. Iso é o máis importante para min. Todo o mun do pode ollar, pero non necesariamente todos ven. Nunca calculo o que considero; vexo unha situación e sei que é a correcta, incluso se teño que voltar coa luz axeitada.

 

Ansel Adams:

Ningún lugar é aburrido se estás ben descansado e co peto cheo de carretes.

 

Agardo ansioso novos procesos e novos desenvolvementos. Coido que a imaxe electrónica será o vindeiro gran avance. Estos sistemas terán características estruturais ineludíbeis e tanto os artistas coma os técnicos deberán facer un renovado esforzo para comprendelos e controlalos.

 

A fotografía, coma medio de gran alcance da expresión e de comunicacións, ofrece unha variedade infinita de opinións, de interpretacións e de execucións.

 

O compoñente máis importante dunha cámara está detrás dela.

 

Non hai regras para as boas fotografías, son so boas fotografías.

 

Comecei a pensar acerca de como a impresión ía aparecer e podería transmitir o sentimento da forma monumental diante de min en canto ás súas expresivas e emocionais cualidades. Empecei a ver na miña mente a impresión final que desexaba: o cantil melancólico cun ceo escuro e a interpretación nítida, con neve no Pico Tenaya. Decateime que so un filtro de cor vermella escura daríame algo semellante aos efectos que sentía emocionalmente. So me quedaba unha placa. Coloquei o meu filtro vermello, un Wratten #29 (F), incrementei o valor de exposición preciso e disparei o obturador. Sentín que acadara algo, pero non me decatei da súa importancia ata que revelei a placa pola noite. Acadara a miña verdadeira visualización! Fora capaz de anticipar a imaxe desexada: non a forma na que apareceu na realidade, senon coma me sentía e coma debía aparecer na impresión final.

-Falando sobre a fotografía “Monolith, The Face Of Half Dome” do 1926

 

A fotografía é máis ca un medio para a comunicación efectiva de ideas. É unha arte creativa.

 

Non hai nada pero ca imaxe nítida dun concepto difuso.

 

No ollo da miña mente, visualizo un detalle. A vista e a sensación aparecerán na impresión. Se me excita, hai unha boa ocasión que fará unha boa fotografía. É un sentido intuitivo, unha capacidade que ven con moita práctica.

 

Unha boa fotografía obtense sabendo onde pararse.

 

Non tomas unha foto, a fas.

 

Para fotografar con veracidade e con eficiencia débese ver baixo a superficie e as cualidades da natureza e a humanidade que viven ou están latentes en todas as cousas. A impresión non é abondo. A arte debe chegar máis alá da impresión ou autorrevelación. Arte, dixo Alfred Stieglitz, é a afirmación da vida e, a vida, ou as súas probas eternas, están en todas partes. Algúns fotógrafos tratan a realidade coma os escultores a madeira e a pedra e sobre ela impoñen a dominación do seu propio pensamento e espírito. Outros viven ante a realidade con máis tenrura e fotografía é un instrumento de amor e de elevación. Unha verdadeira fotografía non precisa ser explicada nin pode ser contida en palabras.

 

Sempre hai dúas persoas nunha fotografía: o fotógrafo e o observador.

 

Unha fotografía non é un accidente, é un concepto.

 

A fotografía do paisaxe é a proba suprema do fotógrafo e, a cotío, a suprema desilusión.

 

Hai moitas escolas en pintura. Por que non hai moitas escolas en arte fotográfica? Non é sinxelo atopar un correcto e incorrecto nestes asuntos, pero existe a verdade e debería formar parte de todas as obras de arte.

 

Algunhas veces chego a lugares cando Deus o dispuxo todo para que alguén prema o disparador.

 

Non facemos fotografías so coa cámara, nese intre usamos todos os libros que temos lido, as películas que temos visto, as persoas ás que temos amado.

 

Ás veces chego a un lugar e todo está disposto para facer a foto.

 

As chamadas regras sobre composición son, na miña opinión, inválidas, irrelevantes e inmateriais. Non existen regras para as boas fotografías, so boas e malas fotografías.

 

O negativo é a partitura, a imaxe é a interpretación.

 

Antoine D’agata:

O importante non é como o fotógrafo mira o mundo, senon a súa íntima relación con el.

 

Antonio Muñoz Molina

Ir polo mundo cunha cámara de fotos é máis comprometido aínda que ir cun caderno.

Aristóteles:

Somos o que facemos reiteradamente; así pois, a excelencia non é un acto senon un hábito.

 

Arnold Newman:

Moitos fotógrafos pensan que se mercan unha cámara mellor serán capaces de facer mellores fotos. Unha cámara mellor non fará nada por ti se non hai nada na túa cabeza e no teu corazón.

 

Ideas visuais combinadas con tecnoloxía e interpolación persoal é igual a fotografía.

 

Influencias veñen de todas partes, pero os disparos saen principalmente por instinto. Cal é o instinto? É toda unha vida de acumulación de influencias: a experiencia, os coñecementos, ver e escoitar. Hai pouco tempo para reflexionar na toma dunha fotografía.

 

A fotografía, coma sabemos, non é algo verdadeiro. É unha ilusión da realidade coa cal creamos o noso propio mundo privado.

 

Non facemos fotos coa nosa cámara. As facemos coas nosas mentes e, a cámara non é máis ca unha ferramenta.

 

Que xente che gusta fotografar? A miña resposta é: ás que quero, ás que admiro e aos que me odian.

 

A preocupación pola abstracción, combinada por un interese por documentar á xente nunha contorna natural foi a base sobre a que construín a miña aproximación ao retrato. O retrato dunha personalidade debe ser tan completo coma podamos facelo. A imaxe física do suxeito e a personalidade que reflicte a imaxe deben ser os aspectos máis importantes, pero por si mesmos non son abondo. Debemos amosar a relación do suxeito cun mundo a través dos feitos ou mediante o simbolismo gráfico. A aproximación visual do fotógrafo debe fusionar esas ideas nun todo orgánico e, a imaxe fotográfica producida debe crear unha atmosfera que reflicte as nosas impresións sobre o todo.

 

Berenice Abbot:

A fotografía so pode representar o presente. Unha vez fotografados, o suxeito convértese en parte do pasado.

 

Levei a fotografía coma un pato á auga. Nunca desexei facer todo o demais. O entusiasmo sobre o tema é a voltaxe que me empurra sobre a montaña da servidume precisa para producir a fotografía final.

 

A fotografía axuda ás persoas a ver.

 

O fotógrafo é o ser contemporáneo por excelencia; a través da súa ollada, o agora vólvese pasado.

 

A fotografía é o medio axeitado para recrear o agora, o mundo vivo dos nosos días.

 

A fotografía (se é honrada e directa) tería que estar relacionada na vida contemporánea co pulso de hoxe en día.

 

O desafía para min foi en primeiro lugar ver as cousas coma son, xa sexa nun retrato, nunha rúa de cidade ou, nunha pelota. Nunha palabra, tratei de ser obxectiva. Non me refiro á obxectividade dunha máquina senon á dun ser humano sensíbel cun misterioso e persoal criterio. O segundo reto foi o de impoñer a orde nas cousas que vexo, para proporcionar o contexto visual e o marco intelectual, o que para min é arte da fotografía.

 

O fotógrafo crea, proporciona unha visión mellor, máis selectiva, máis precisa, incluso máis nítida ca da realidade.

 

Unha boa fotografía é coma un bo can de caza, mudo pero elocuente.

 

Non teño visto moitas imaxes que me impresionasen.

 

Bill Brand:

Non me interesan as regras nin as convencións: a fotografía non é un deporte.

 

Brassai

(Gyula Halász):

O máis magnífico das fotografías é que poden producir imaxes que incitan á emoción baseadas nun único tema.

 

A oportunidade está sempre aí. Todos facemos uso dela. A diferenza estriba en que un mal fotógrafo atopa unha entre centos, mentras que un bo fotógrafo o fai constantemente.

 

A noite suxire, non amosa. A noite pertúrbanos e sorpréndenos pola súa estrañeza; libera forzas do noso interior que durante o día son determiñadas pola razón…

 

Enfrenteime a estas placas casi mecanicamente, coma un escultor. Resultaba curioso comprobar coma os descoidos transformábanse coa incisión dun obxecto punzante que destruía a materia. Así naceiu a estraña obsesión de transformar as formas en instrumentos musicais: muller guitarra, muller mandolina. Tratábase de reaccións case inconscientes que rachaban a fotografía en mil pedazos.

 

Sabes que dixo Picasso cando viu os meus debuxos no 1939? Estas louco. Tes unha mina de ouro e malgastas o teu tempo explotando unha mina de sal.

 

Estou convencido de que a misión do fotógrafo na vida contemporánea é captar os instantes raros ou emocionantes naquelo que o rodea e crear unha sorte de imaxinería na cal o home de hoxe (e talvez todavía o home do mañá) poida recoñecerse. O que máis ambiciono é facer algo novo e impactante co trivial e o convencional, amosar un aspecto da vida cotiá coma se a vira por primeira vez.

 

Bill Hoenk:

O instinto díxome que non me preocupara, que so debía seguir tomando fotos porque era a única persoa cunha cámara. Así que seguín.

 

Bruno Barbey:

A fotografía é a única linguaxe que pode ser entendida e comprendida en todo o mundo.

 

Carl Mydans:

Un convértese en fotógrafo cando superou as preocupacións da aprendizaxe e nas súas mans a cámara convértese nunha extensión dun mesmo. Entón comeza a creatividade.

 

Cecil Beaton:

Sé audaz, sé intelixente, sé calquera cousa que faga valer a integridade do teu propósito e a túa visión imaxinativa en contra dos que xogan sobre seguro, das criaturas de lugares comúns, dos escravos do ordinario.

 

Todo o que quero é o mellor de todo e diso queda moi pouco.

 

Chema Conesa:

Cantas máis fotografías fago, menos sei de fotografía e máis de min mesmo.

 

Cristina García Rodero:

Para poder disparar unha foto preciso emocionarme.

 

A fotografía é unha loita. O inimigo é o tempo e vences cando consegues conxelalo no intre axeitado, evitando que algo que fala de ti e do que che está a a pasar morra e desapareza para sempre.

 

Daidô Moriyama:

Unha soa fotografía pode conter múltiples imaxes.

 

David Gámez:

É mellor unha fotografía con ruído ca trepidada.

 

David LaChapelle:

A xente di que as fotos non minten, as miñas o fan.

 

Diane Arbus:

A fotografía é un segredo dun segredo. Cando máis che di, menos sabes.

 

Se so me motivase a curiosidade, costaría dicirlle a alguén: “Quero ir a súa casa para que me fale e me conte a historia da súa vida.” A xente diría: “Está tola”. Máis aínda, poríase en garda. Pero a cámara é unha especie de licenza. Moita xente quere que lle preste tanta atención e ademáis, é unha clase de atención razoábel.

 

Realmente coido que hai cousas que ningúen vería se non as tivera fotografado.

 

Dorothea Lange:

A cámara fotográfica non é tan sinxela coma se pensa ás veces a xente. Cando che piden unha foto, esíxente moita présa, pensan que é disparar e xa. Unha boa foto require moitísimo tempo, para min é coma a rodaxe dunha escea dunha película.

 

Ninguén escapa á fascinación que produce a fotografía, é coma unha caixa máxica.

 

Elixe un tema e traballa con el ata a extenuación… O motivo debe ser algo que realmente amas ou odias de verdade.

 

Este beneficio de ver so pode chegar se un se detén un intre para evadirse da multitude enlouquecedora de impresións rápidas que pasan sen cesar, maltratando as nosas vidas e, olla pensativo unha imaxe con calma… O espectador debe estar disposto a facer unha pausa, a mirar de novo, para meditar…

 

A cámara é un instrumento que enseña ás persoas o que hai que ver sen unha cámara.

 

Duane Michaels:

O que non podes ver é infinitamente máis importante que o que podes ver.

 

Edward Steichen:

Unha vez que comezas a ver cousas, comezas a sentir cousas.

 

Sabía, por suposto, que as árbores e as plantas teñen raíces, talos, cortezas, pólas e follaxe que medran cara arriba, cara a luz. Porén, decateime de que a auténtica maxia era a luz en si mesma.

 

Calquera outro artista comez cun canvás en branco. O traballo do fotógrafo comeza co produto rematado.

 

Cando o obturador se dispara, nada que poida facerse despois debe ser tomado en consideración.

 

Ningún fotógrafo é tan bo coma a máis sinxela das cámaras.

 

Edward Weston:

Comprender as regras de composición antes de tomar unha fotografía é coma comprender as leis da gravidade antes de saír a camiñar.

 

So con esforzo podemos facer que a cámara minta. A fotografía é fundamentalmente un medio honesto.

 

A composición é o xeito máis impactante de ver.

 

Se teño que dar un consello a un principiante en fotografía é que aquí non hai atallos.

 

Elliot Erwitt:

Tomar fotografías é un acto moi sinxelo. Non hai gran segredo nelo… As escolas están cheas de… Un montón de lixo. O que precisas é aplicarte e practicar no aprendido. Teño a absoluta convición de que si se traballa razoabelmente ben, o único importante é seguir disparando… Non importa se con elo gañas cartos ou non. Segue traballando, porque conforme se continúa no proceso de traballar, as cousas comezan a acontecer.

 

Entrevistador: Que opinas da explosión da fotografía dixital?

Elliot Erwitt: Non me gustan as explosións. Non me refiro ao progreso. Pero a fotografía dixital converteu a cada home, muller e chimpancé en fotógrafo e consecuentemente denostou en xeral a calidade das fotografías.

Por suposto, a fotografía dixital é esencial por economía e inmediatez de resultados -novas, moda, fotografía, publicidade nútrense delo- pero tamén e condenadamente sinxelo o arquivo e a conservación. Pero o halura de prata segue sendo o material máis fiábel para a impresión.

 

A calidade non significa pretos profundos e amplo rango tonal. Iso non é calidade, é unha especie de cualidade. As imaxes de Robert Frank poden ferir a alguén por ser descoidadas -o rango tonal non é correcto e cousas coma isa- pero son moi superiores ás imaxes de Ansel Adams no que respecta a súa calidade, porque a calidade das súas imaxes, si se me permite dicilo, é esencialmente a calidade dunha postal. Pero a calidade de Robert Frank é algo que ten que ver co que fai, co que hai na súa mente. E non consiste en axustar o balance entre o ceo, a area e máis alá. É algo que ten que ver coa intencionalidade.

 

Os cans son persoas con máis pelo.

 

A boa fotografía non consiste na impresión por zonas ou calquera outra das tonterías de Ansel Adams. Ou ves ou non ves. O resto é académico. A fotografia sinxelamente é unha función de deixar novas das cousas. Nada máis.

 

Non pasa nada mentres estás sentado na casa. Sempre que podo gústame levar a cámara comigo a todas partes. Así podo disparar ao que me interese, no intre preciso.

 

A fotografía é a arte da observación. Trátase de atopar algo interesante nun lugar ordinario. Decateime de que ten pouco que ver coas cousas que ves e moito con como as ves.

 

Emmet Gowin:

A fotografía é unha ferramenta para tratar con cousas que todos coñecen pero ás que ninguén presta atención. As miñas fotografías propóñense representar algo que vostedes non ven.

 

Eugene Atget:

Tralo camiño andado, é dicir, uns 70 anos, sen ter herdeiro ou sucesor, estou ansioso e preocupado polo futuro desta excelente colección de fotografías que pode caer en mans de alguén que ignore o seu valor e finalmente desapareza sen proveito para ninguén.

 

Eugene Smith:

A fotografía podería ser unha tenue luz que modestamente nos axudará a mudar as cousas.

 

Eu non escribín as regras, por que tería que seguilas?

 

Ernst Haas:

És ti e maila túa cámara. As limitacións que existan nas túas fotografías son as mesmas que as que poidas ter coma persoa, porque o que vemos é o que somos.

 

A cámara fotográfica non diferencia pouco. Todos poden rexistrar o que vostede está vendo. Pero vostede ten que ver.

 

As limitacións da fotografía están nun mesmo, pois o que vemos é o que somos. Se a beleza non estivera entre nós, como poderiamos recoñecela?

 

O inimigo da fotografía é o convencional, as regras fixas sobre o como. A súa salvación virá da experimentación.

 

Unha paisaxe para min é sempre unha sorpresa porque o efecto depende da luz, da relación das cores e das formas no espacio. Ademais é preciso dispoñer dun marco que destaque unha zona ou outra. Esta é unha das principais diferenzas entre ser pintor ou fotógrafo: o pintor comeza a súa obra nun tecido nú, mentres que nós traballamos nun tecido xa pintado. Polo tanto, é preciso que dotemos ao conxunto dun marco apropiado para ordear o que xa existe.

 

Fan Ho:

Son coma un vaqueiro cunha bala e non cunha ametralladora, na procura dese intre decisivo.

 

Fernando Puche:

A fotografía de paisaxe é a diferenza entre o que soñas e o que te atopas.

 

A creatividade non é so un destello de xenialidade; é, ante todo, un proceso.

 

Franco Fontana:

A fotografía non debe reproducir o visíbel senon que debe facer visíbel o invisíbel.

 

Garry Winogrand:

Se vía algo a través do meu visor que me resultaba familiar, facía algo para cambialo.

 

Gústame ver como lucen as cousas fotografiadas.

 

George Christof Lechtenberg:

O outono devolve á terra as follas que ela lle prestou no verán.

 

Gervasio Sánchez:

Antes non se publicaba unha foto mala e hoxe en día si, baixou moitísimo a calidade. Tecnicamente melloraron porque as cámaras dixitais enfócanche soas, non tes falla de preocuparte pola luz… Pero outra cousa é a calidade da imaxe. As persoaxes saen se callar máis nítidas, pero tamén máis mortos. A calidade está caendo porque invístese menos no periodismo.

 

Giles Duley:

E se algunha vez escriben o meu epitafio, agardo que non digan de min que perdín tres membros senon sinxelamente que Giles Duley foi un fotógrafo. Porque iso é o que son.

 

Gordon Parks:

Agora que teño 85 anos sinto que estou listo para comezar a facer fotografías.

 

Harold “Doc” Edgerton:

O segredo da educación é ensinar á xente de tal xeito que non se decaten que están aprendendo ata que é demasiado tarde.

 

Non me chames artista. Son enxeñeiro. Impórtanme os feitos, so os feitos.

 

Helen Levitt:

Cando vin fotos de Cartier-Bresson comprendín que a fotografía podía ser arte… E iso fíxome ambiciosa.

 

A xente reuníase na rúa. Se ficabas tempo abondo, esquecíanse de que estabas alí. E entón é cando ves o que hai.

 

Helmut Newton:

Hai xente facendo moi bo traballo por ordenador, eu son un fotógrafo anticuado: non uso cámara dixital nin computadora, prefiro a película en branco e preto ou en cor e a revelo de xeito tradicional. Non manipulo ningunha das miñas imaxes, en todo caso o fago antes de disparar a foto. Isto significa que unha vez exposto o negativo, agardo sexa un negativo perfecto; llo entrego ao meu impresor e traballo con el moi estreitamente. Non hai diferenza entre o coidado que poño entre unha fotografía de retrato ou nunha paisaxe, todo o fago con igual atención.

 

Henri Cartier-Bresson:

Sego sendo un amateur pero deixei de ser un diletante.

 

Divírteme moito a idea que certas persoas teñen da técnica en fotografía e que se traduce nun gusto polo minucioso, polo acabado e, en agarda, mediante ese engano, poder arrimarse máis á realidade. Estas persoas están tan alonxadas dos verdadeiros problemas coma as doutra xeración, que envolvían nun ‘flou’ artístico todas as súas anécdotas.

 

A cámara é un caderno de bosquexos, un instrumento para a intuición e a espontaneidade.

 

As túas primeiras 10.000 fotografías serán as túas peores fotografías.

 

O fotógrafo non pode ser un espectador pasivo, non pode ser realmente lúcido se non está implicado no acontecemento.

 

Para verdaderamente crer no dominio da fotografía en cor hai que transformalo, modulalo, para poder atopar así a liberdade de expresarse dentro do marco das grandes leis que foron decodificadas polos impresionistas e que tampouco o fotógrafo pode evitar (lei de contraste simultáneo, toda cor tende a colorear da cor complementaria o espazo veciño; se dúas tonalidades conteñen una cor común, ésta atenúase por mor da xustaposición; duas cores complementarias xustapostas exáltanse; mesturados, anúlanse; etc.).

 

Non me interesa a fotografía, senon a vida.

 

O pintor André Lhote, co que estudei na súa Academia, dicíame: “Pequeno surrealista, que fermosas cores!”. De alí provén o meu gusto pola forma, a composición e a xeometría da fotografía. Non sei contar, pero sei onde cae a sección áurea. Todo iso faise sen premeditación, coma algo integrado ata devir un reflexo.

 

Fun a Marsella. Unha pequena renda permitíame costearme os gastos e traballei con entusiasmo. Acababa de descubrir a Leica. Transformouse na extensión dos meus ollos e nunca me separei dela desde que a achei. Osmaba polas rúas todo o día, tenso e preparado para brincar, resolto a “atrapar” a vida, a preservar a vida no acto de vivir. Ante todo, ansiaba expresar nos confíns dunha soa fotografía toda a esencia dalgunha situación que estivera desenvolvéndose diante dos meus ollos.

 

Non estou interesado en documentar. Documentar é extremadamente aburrido e eu son un pésimo periodista.

(Ler a resposta que lle deu o seu amigo e colega Robert Capa en canto a esta afirmación).

 

A primeira fotografía que verdadeiramente me emocionou e, aínda o segue facendo, pola súa vida palpitante e polo rigor da súa composición, é unha de Mukacsi, na que tres nenos negros corren cara as ondas. […] De socato comprendín que a fotografía pode capturar a eternidade do momento. É a única foto que me influenciou. Hai tanta intensidade nesta imaxe, tanta espontaneidade, tanta ledicia de vivir, tal miragre, que ata hoxe en día todavía me sobrecolle.

-Sobre a fotografía de Martin Munkacsi “Mozos negros na beira do lago Tanganica” do 1931.

 

Tomar fotografías signfica recoñecer simultaneamente e dentro dunha fracción de segundo tanto o feito mesmo coma a rigorosa organización de formas visualmente percibidas que le dean sentido. É poñer a cabeza, o ollo e o corazón sobre un mesmo eixe.

 

A fotografía é, para min, o impulso espontáneo dunha atención visual perpetua, que atrapa o instante e a súa eternidade.

 

Para dar un sentido ao mundo, hai que sentirse somerxido no que un enmarca a través do seu obxectivo. Esta actitude require concentración, unha disciplina mental, sensibilidade e un sentido da xeometría.

 

O manexo da cámara, do diafragma, as velocidades, etc., ten que ser un acto reflexo, coma cambiar de velocidade nun coche.

 

Nunca perdín a paixón pola fotografía en si mesma, senon pola responsabilidade de captar, esquecéndome de min mesmo nunha fracción de segundo, a emoción que o tema desprende e a beleza da forma.

 

A nosa tarefa consiste en observar a realidade coa axuda dese caderno de apuntamentos que é a cámara, fixándoa pero sen manipulala nin durante a toma, nin no laboratorio mediante trucos, porque iso é visto por quen sabe ver.

 

Non hai nada neste mundo que non teña un intre decisivo.

 

É unha ilusión que as fotos están feitas coa cámara… Están feitas co ollo, o corazón e a cabeza.

 

Os fotógrafos móvense a diario entre cousas que están continuamente esvaecéndose e, unha vez o fan, non hai forza na terra que as poida traer de volta outra vez.

 

O mundo cáese a trozos e todo o que Adams e Weston fotografían son pedras e árbores.

 

Henry Peach Robinson:

Os ollos humanos saludábeis nunca ven parte algunha da escea fóra do foco.

 

Herber Litz:

O obxectivo carece de obxectividade, no caso contrario sería imposíbel usalo coma instrumento artístico.

 

Horst Paul Horst:

Non creo que a fotografía teña que ver algo remotamente co cerebro. Ten que ver cun atractivo visual.

 

Imogen Cunningham:

Cal das miñas fotos é a miña fotografía preferida? Unha que vou facer mañá.

 

Moita xente amósase disconforme cos seus propios retratos e en ningún parece gustarse. Polo visto, ningún de nós nacimos coa cara axeitada. É un traballo pesado ser fotógrafo retratista.

 

Fotografío todo o que pode ser exposto á luz. A razón pola cal tomei fotografías de plantas nos anos vinte é porque tiña que coidar tres fillos menores de catro anos. Tiña un xardín dispoñíbel e as fotografías no interior.

 

Unha vez unha muller que facía ‘street photography’ díxome: “Nunca fotografei a alguén a quen non lle pedira antes permiso”. Eu resposteille: “Imaxine a Cartier-Bresson pedindo permiso ao home que saltou por riba do charco para que o fixese de novo.” Nunca tería saído o mesmo.

 

A fotografía é para min tan marabillosa que, incluso hoxe, é coma se xamais tivera visto unha fotografía.

 

Irving Penn:

Fotografar un pastel tamén pode ser arte.

 

Jack Keronac:

… ese poema tristeiro que a une con poetas tráxicos da historia.

-Sobre Robert Frank

 

James Lalropui Keivom:

É curioso que os fotógrafos pasen as súas vidas enteiras tentando captar momentos que, postos xuntos, non suman máis ca unhas horas.

 

James Nachtwey:

Primeiro quixen ser fotógrafo e despois fotógrafo de guerra porque gustábame a idea de que unha foto que revelase o verdadeiro rostro da guerra sería por definición unha fotografía contra a guerra.

 

Jim Richardson:

Se queres ser un mejor fotógrafo, detente fronte as cousas máis interesantes.

 

Jean Leroy:

O día no que morreu Atget, París estivo de dó sen sabelo.

 

Joan Miró:

Podes estar ollando un cadro durante unha semana e non volver a pensar nel. Tamén podes ver un cadro durante un segundo e pensar sobre el toda a túa vida.

 

Joel Strasser:

Un bo fotógrafo debe amar máis á vida que á propia fotografía.

 

John Szarkowski:

Unha cámara ten interesantes ideas propias.

 

Non se supón que debes mirar a unha cousa, senon mirar a través dela. É unha fiestra.

 

Jonathan Swift:

Visión é a arte de ver o que é invisíbel para os outros.

 

Jorge Heredia:

El foi o fotógrafo de brancos que cobizaban as súas imaxes, pero tamén de indios e mestizos.

-Sobre Martin Chambi

 

José Benito Ruiz:

En fotografía, os que máis saben son os pintores que morreron hai cincocentos anos.

 

Calquera pode tomar unha fotografía, pero sempre será unha fotografía calquera.

 

Non creo nos dons, creo que todo isto entrénase, edúcase e calquera persoa pode chegar a facer o que facía Brassai ou a súa propia visión que non ten nin porqué parecérselle. Non creo que ninguén esté tocado por unha man diviña e de orixe xa non poida chegar a expresarse así ou facer algo distinto. Edúcate, inténtao e veremos o que acontece.

 

Para min a fotografía é un medio magnífico para crear o meu mundo e, digo ben: un medio, non un fin. Porque a fotografía en si mesma non é un fin, é o medio, a ferramenta, o xeito; o modo de contar algo, de expresar algo.

 

As fotos non son boas nin malas, isto deberíamolo desterrar da nosa linguaxe; senon, gústache ou non che gusta e porqué; isto é o que axuda ao autor a entender a súa foto.

 

José Ortiz Echagüe:

Non entendo por que os artistas fotógrafos teñen esa marcada tendencia a falar principalmente dos métodos empregados en lugar das emocións que acadaron comunicar a través dos seus negativos.

 

Pregunta: Vostede propúxose algunha vez imitar á pintura? Resposta: Non saquemos as cousas de quicio e deixemos á fotografía no modesto lugar que ocupa.

-Fragmento da entrevista publicada en “Índice” no 1962.

 

Juan María Rodríguez:

A ‘street’ é un xénero moi democrático que fai todo o mundo pois espanta coma a peste por outra banda.

 

Jules Vallés:

O espazo deixoume sempre silencioso.

 

Karl Blossfeldt:

So da inagotábel fonte da eterna xuventude que é a natureza, da que beberon pobos de todos os tempos, pode a Arte tomar unha enerxía e un estímulo novos para desenvolverse de forma sa.

-Fragmento do prólogo de “O Marabilloso Xardín da Natureza” do 1932.

 

Non é a miña intención dar interpolación algunha aos documentos fotográficos que aquí se exhiben. Os comentarios prolixos perturban a forte imposición que as fotos exercen sobre o observador.

-Fragmento do prólogo de “Formas Primixenias da Arte” do 1928.

 

A planta ten que considerarse coma unha estrutura autenticamente artística e arquitectónica. Pero a planta non se reduce unicamente a un deseño sobrio; vai modelándose e adquirindo unha forma segundo as leis da lóxica e do funcionalismo e, cunha forza primixenia, empuxa a todo a adoptar unha forma artística sublime.

-Fragmento do prólogo de “O Marabilloso Xardín da Natureza” do 1932

 

Laszlo Moholy Nagy:

O analfabeto do futuro será o ignorante no manexo da cámara fotográfica.

 

Trátase do acoplamento de diversas fotografías, dunha (…) tentativa metódica de representación simultánea; superposición de xogo de palabras e visuais; unha fusión estraña e inquedante, a nivel imaxinario, dos procedementos imitativos máis realistas. Por eles poden ao mesmo tempo narrar algo, ser sólidos e concretos, máis veraces ca vida mesma.

-Falando da fotoplástica.

 

O inimigo da fotografía é o convencional, as regras fixas sobre o como. A súa salvación virá da experimentación.

 

Leni Riefenstahl:

Alí onde se despliega o lado escuro da civilización, a felicidade desaparece.

 

Quero mirar, iso é todo. Esa é a miña vida. Quero mirar.

 

Leo Steinberg:

O ollo é parte da Mente.

 

Leonardo Da Vinci:

A cada momento alónxate, ten unha pequena reflexión para que o teu xuizo sexa preciso cando voltes ao traballo. Alónxate certa distancia porque a obra parece máis pequena e poderás apreciar máis dela nun vistazo e calquera carencia de armonía e proporción farase evidente.

 

O pintro debe estar so e reflexionar sobre as cousas que ve, tratando delas consigo mesmo.

 

Leonard Freed:

A fotografía é coma a vida, que significa? Non o sei, pero deixa unha impresión, un sentimento, dánme desconfianza as persoas que saben o que significa a vida.

 

Lewis Wickes Hine:

Se puidera dicilo con palabras, non iría todos os días cargado coa miña cámara.

 

Man Ray:

Por suposto, haberá sempre quenes se fixen na técnica e pregunten como, mentres que outros de natureza máis curiosa preguntaranse porqué.

 

Manu Brabo:

No fondo, no noso traballo non salvamos ningunha vida, non levamos auga potábel a vilas sen auga potábel, somos unha panda de fulanos egoístas con dúas cámaras de fotos.

-Durante unha entrevista para o programa número 19 do 30/05/2018 do Podcast “Full Frame”.

 

Manuel Álvarez Bravo:

O principal instrumento dun fotógrafo son os seus ollos. Por estrano que pareza, moitos fotógrafos elixen usar os ollos doutro fotógrafo sexa do pasado ou do presente, en vez de usar os seus. Estos fotógrafos están cegos.

 

Se o imposíbel todavía non se alcanzou, non cumprimos co noso deber.

 

Margaret Bourke-White:

Satúrate co suxeito e a cámara levarate da man.

 

O segredo da vida para min era manterme no medio do torrente de acontecementos nunha tranquilidade interior. Escollín unha vida de emoción, traxedia, desastres masivos, triunfos e sufrimentos humanos. Para lanzarse de cheo nas capturas e tratar de superar o intento de entender estas cousas, precisaba unha serenidade interior, unha especie de equilibrio.

 

María Moldes:

Emprego a fotografía coma medio de expresión para amosar o meu punto de vista sobre unha época claramente en decadencia e carente de calquera atractivo estético, a miña falta de esperanza na que o mundo mellora a curto prazo empúxame a usar a miña imaxinación coma fuxida.

 

Mario Vargas Llosa:

A pulsión máxica das fotografías de Chambi é inconfundíbel e a distingue de todos os fotógrafos a quen os críticos o quixeron comparar: August Sander, Nadar, Edward Weston, Ansel Adams, Irving Penn e o propio Abrahan Guillén… Cando se poñía detrás dunha cámara volvíase un xigante, unha verdadeira forza inventora, recreadora de vida.

Sobre Martin Chambi.

 

Mark Twain:

Non podes fiarte dos teus ollos se a túa imaxinación non está enfocada.

 

Martin Chambi:

Oín que en Chile pénsase que os Indios non teñen cultura, que son incivilizados, que son intelectual e artisticamente inferiores en comparación aos brancos e aos europeos. Máis elocuente ca miña opinión, en todo caso, son as testemuñas gráficas. É a miña esperanza que un atestado imparcial e obxectivo examinará esta evidencia. Sinto que son representativo da miña raza; a miña xente fala a través das miñas fotografías.

 

Maurits Cornelis Escher:

Aquelo que plasmo na luz do día é so o un por cento do que puiden ver na escuridade.

 

Miguel de Unamuno:

Algunha vez, ante algún retrato meu de hai anos, díxenme: pero este és ti? e non me foi posíbel revivir aquela vida e, cheguei pensar que polo noso corpo van desfilando diversos homes fillos de cada día e que o noso corpo é un cemiterio de almas.

 

Miguel Trillo:

Sen fotoperiodismo non hai democracia.

 

O despeito dá para moito.

 

Minor White:

A miúdo cando viaxamos coa cámara, chegamos xusto cando o sol escorrega tralo horizonte, demasiado tarde para expoñer a película, co tempo xusto para expoñer o corazón.

 

Sempre estou fotografándoo todo mentalmente para practicar.

 

Podemos ensinar fotografía coma un xeito de gañarse a vida, pero o que temos que acadar é que os estudantes o vexan coma unha forma de vida.

 

Nadar

(Félix Gaspar Tournachon):

O retrato que mellor fago é o das persoas que mellor coñezo.

 

Non hai nada coma a fotografía artística. En fotografía, coma en todas as cousas, hai xente que pode ver e outros que nin sequera poden mirar.

 

Naomi Campbell:

Creo nas fotografías, pero non nas fotografías feitas no meu mundo, porque aquí coñezo como funciona todo.

 

Niall Benvie:

A subxectividade é o futuro da expresión do autor.

 

Nicolás Cuenca:

Detrás de cada foto ahi unha pregunta científica.

-Sobre a fotografía aplicada á ciencia.

 

Óscar Colorado:

Non se trata unicamente de ver, senon de deixar que a imaxe provoque sentimentos, reflexións, ideas ou pensamentos de ti.

 

Pablo Picasso:

Hai pintores que transforman o sol nun punto amarelo e outros que, grazas á súa arte e intelixencia, transforman un punto amarelo no sol.

 

Un artista é un receptáculo de emocións que lle chegan de todas partes: do ceo, da terra, dunha forma que pasa, dunha arañeira.

 

Paul Gauguin:

Na arte todos os que fixeron algo distinto aos seu predecesores mereceron o calificativo de revolucionarios; e so eles son os mestres.

 

Paul Strand:

A honestidade non é menos ca intensidade da visión, é o requisito preciso dunha expresión da vida. Isto significa un verdadeiro respecto por aquelo que está fronte ao fotógrafo. Sen tomas nin manipulación no proceso, lógrase unicamente a través do emprego de métodos de fotografía directa.

 

A cámara non pode eludir os obxectos que se sitúan fronte dela. Cando o fotógrafo selecciona a escea, a luz e os obxectos deben ser o seu fel reflexo. Se inclúe unha franxa de herba, debe distinguirse coma un obxecto diferenciado e coma tal ten que ser retratado.

 

Coido que o comentario de Thoreau de que non podes dicir máis do que viches é certo e, xa vin moito.

-En resposta ao comentario de Thoreau

 

As túas fotografías son un rexistro do que foi a túa vida, so para aqueles que realemente saben ver.

 

Non podes reclamara que a túa fotografía sexa arte e poida estar colgada nunha parede a menos que se atope á altura de Cézanne.

 

Percy W. Harris:

A habilidade na fotografía é adquirida con práctica e non mercando.

 

Pete Turner:

Ultimamente, a simplicidade é o triunfo en todas as formas da arte e, acadar esa simplicidade é unha das tarefas máis difíciles, aínda que é esencial.

 

O traballo dun fotógrafo está definido por contorno e estilo, pola súa visión persoal. Non é simplemente técnica, senon o xeito no que ve a vida e o mundo ao seu redor.

 

Peter Henry Emerson:

En realidade os fotógrafos profesionais son os que estudaron fotografía a fondo e son donos de todos os seus recursos. Non é unha cuestión de libras esterlinas, a diferenza entre profesionale amateur é unha cuestión de coñecemento e capacidade. Un amateur é un afeccionado sen obxectivos, sen coñecemento e sen capacidade. Non importa cantas das súas obras poida vender.

 

As limitacións da fotografía son tan grandes que, a pesar de que os resultados en ocasións ofrecen certo pracer estético, o medio debe ocupar sempre o lugar máis baixo entre as artes.

 

O lamento profundamente, comparar fotografías con grandes obras de arte e, fotógrafos con grandes artistas, foi temerario e desconsiderado e, o meu castigo é ter que recoñecelo…

 

En fin, ríndome ante os que din que a fotografía é unha arte moi limitada. Lamento profundamente ter chegado a esta conclusión.

 

Peter Lindberg:

Sé atrevido, sé distinto, sé pouco práctico, sé calquera cousa que aseguro o teu obxectivo e a túa visión imaxinativa. Fronte aos xogadores seguros, as criaturas comúns, os escravos do ordinario.

 

Philippe Halsman:

Para o fotógrafo é máis importante a cabeza que a cámara.

 

Derivei cara a fotografía coma alguén deriva cara a prostitución. Primeiro o fixen ao meu gusto, entón o fixen para compracer aos meus amigos e, finalmente o fixen polo diñeiro.

 

Pierre Auguste Renoir:

O elemento máis importante nunha fotografía non pode ser definido.

 

Unha fotografía debe ser agradábel, leda e bela. Xa hai un montón de cousas aburridas na vida.

 

Ralph Gibson:

Aínda fixada no tempo, unha fotografía evoca tanto sentimento coma aquel que ven da música ou a danza. Calquera que sexa o modo (desde a instantánea ao momento decisivo da montaxe multimedia) a intención e o propósito da fotografía é representar en termos visuais, sentimentos e expresións que visualmente aluden á habilidade das palabras para describilas. En calquera caso, os ollos os tes e a imaxinación sempre se elevará máis alá do agardado.

 

Rebeca Saray:

O bo para a arte é que non hai idade. Hai xente que comeza a pintar cando se xubila e son auténticos xenios… Antes, simplemente non era o seu momento.

 

Se queres aprender tes que ver o traballo de outras persoas.

 

A fotografía é unha forma de expresión artística… e de buscar a beleza… teño obsesión por deixar a todos moi guapos.

 

Richard Avedon:

A través das miñas fotografías podo falar de xeito máis intrincado e profundo que a través das palabras.

 

Os meus retratos son máis acerca de min que o que son sobre a xente a que fotografío.

 

Quero facer retratos tan intensos coma as persoas.

 

Creo que a arte refírese ao control, ao encontro do control e o incontrolábel.

 

E se un día pasa sen que fixera nada relacionado coa fotografía é coma se esquecese algo esencial para a miña existencia, coma se esquecese espertarme. Agora sei que facerme fotógrafo accidentalmente é o que fixo posíbel a miña vida.

 

Robert Brault:

Resúltame agradábel tomar fotos de amateur no meu xardín e ao meu xardín agradábel facer que as miñas fotos parezan de profesional.

 

Robert Capa:

A carreteira a París estaba aberta e todos os parisinos estaban na rúa dispostos a tocar o primeiro tanque, a besar ao primeiro soldado, a cantar e a chorar. Nunca houbo tantas persoas tan ledas tan cedo na mañá.

Parecíame que esta entrada a París fora especialmente para min. Nun tanque construído polos estadounidenses que me aceptaran, acompañado dos españois republicanos con quenes loitara contra o fascismo había anos, voltaba a Paris, a fermosa cidade onde aprendín a comer, beber e, amar…

 

Si te chamas a ti mesmo artistas, non acadarás que che publiquen nada. Chámate fotoreporteiro, entón poderás facer o que queiras.

 

Se as túas fotos non son o suficientemente boas é porque non estabas o suficientemente perto.

 

As fotografías abren portas ao pasado, pero tamén permiten botar unha ollada ao futuro.

 

A guerra é coma unha muller que envellece: cada vez máis perigosa e menos fotoxénica.

 

Non fai falla recurrir a trucos para facer fotos. Non tes que facer posar a ninguén ante a cámara. As fotos están aí, agardando a que as fagas. A verdade é a mellor fotografía, a mellor propaganda.

 

Henri, ten moito coidado. Non debes ser etiquetado coma un fotógrafo surrealista. Se o fas, non terás encargos e serás coma unha pranta de invernadoiro. Fai o que queiras, pero a etiqueta debe ser foto-periodista.

-En resposta á afirmación do seu colega e amigo Henri Cartier-Bresson.

 

Robert Doisneau:

Describir é destruír, suxerir é crear.

 

O fotógrafo debe ser absorbente, coma un papel secante, deixarse penetrar polo momento poético… A súa técnica debe ser coma unha función dos animais… debe actuar de xeito automático.

 

Hai una enorme agresividade, a xente non coopera en absoluto e o aspecto dos barrios é moi distinto. Ninguen ten tempo. A xente perdeu a frescura. Cada vez é máis difícil facer fotografías na rúa. A xente demándate de recoñecerse na fotografía. Imos ter que usar extras.

 

Hoxe en día a imaxinación visual da xente é moito máis sofisticada, moito máis desenvolvida, en particular os xóvenes, que vostede pode facer unha fotografía que lixeiramente suxira algo, que eles farán dela o que desexen.

 

Robert Frank:

Cando a xente mira as miñas fotografías quero que se sintan igual que cando lean por segunda vez unha liña dun poema.

 

O máis importante é ver aquelo que resulta invisíbel para os demais.

 

Branco e preto son as cores da fotografía. Para min simbolizan as alternativas entre a esperanza e desesperación ás que estamos suxeitos os seres humanos. A maioría das miñas fotografías son de persoas; son vistas simplemente a través dos ollos dun home na rúa. Hai unha cousa que a fotografía debe conter: a humanidade do momento. Este tipo de fotografía é o realismo. Pero o realismo non é suficiente, ten que haber unha visión e, ambas cousas poden producir unha boa fotografía. É difícil describir esa delgada liña entre onde remata a materia e comeza a mente.

 

As miñas fotografías non son plantexadas ou compostas por adiantado, ademais non agardo que o espectador comparta o meu punto de vista. Porén, coido que se a miña fotografía consegue fixar unha imaxe na súa mente, algo terei logrado.

 

Roland Barthes:

Toda imaxe é polisémica; implica unha “cadea flotante” de significados, entre os cales o lector pode elexir algúns e ignorar os outros.

 

Ruth Bernard:

Nunca me preguntei como facelas, simplemente acontece. As fotografías fanse a si mesmas coa miña axuda.

 

Para min, o pracer da fotografía está no pracer de ver, na experiencia dunha apertura máis intuitiva, do ollo paciente e contemplativo do mundo. Trátase do fluír nunha estraña relación sinérxica entre receptividade, calma e curiosidade… É á vez unha disciplina espiritual e unha entrega hedonista para os sentidos. Trátase de render homenaxe ao obxecto percibido en si mesmo e, o proceso da percepción que permite deleitarse nos praceres visuais da forma, liña, textura, luz e sombra.

 

Non estaba preparada para a experiencia de ver as súas imaxes por primeira vez. Foi abrumador. Un raio na escuridade… Ante min estaba a evidencia indiscutíbel do que crear posíbel, un artista intesamente vital cuxo medio era a fotografía.

 

Elexín a forma feminina en particular porque a beleza fora degradade e explotada no noso século XX. A muller fora obxecto do sórdido, do barato e sobre todo, en fotografía. Erguer, elevar, apoiar con reverencia intemporal a imaxe da muller foi a miña misión.

 

Son o tipo de persoa que voa cara unha situación de forma inesperada; coma o primeiro nú que fotografei: “Embrión”, no 1934.

 

Para min, a creación dunha fotografía experiméntase coma unha resposta emocional maior, máis semellante á poesía e á música, cada imaxe é a culminación dun impulso irresistíbel, non podo negalo. Xa sexa traballando cunha figura humana ou unha natureza morta, son profundamente consciente da miña conexión espiritual con elas. Na miña vida, coma no meu traballo, estou motivada por un grande anhelo en prol do equilibrio a a armonía, máis alá do ámbito da experiencia humana, procurando a esencia da unidade do Universo.

 

Salvador Dalí:

O Surrealismo é destrutivo, pero so destrúe as barreiras que limitan a nosa visión.

 

Sara Facio:

O primeiro que mira á súa xente con ollos non colonizados.

-Sobre Martin Chambi.

 

Sebastião Salgado:

Aínda que poñamos moitos fotógrafos nun mesmo lugar sempre sacarán fotos moi diferentes porque necesariamente proceden de sitios moi distintos, cada un ten o seu xeito de ver, cada un en función da súa historia.

-No documental “A Sal Da Terra” do 2014.

 

Steve McCurry:

Se sabes agardar, a xente esquecerase da túa cámara e entón a súa alma sairá á luz.

 

Ted Grant:

Cando fotografías a unha persoa a cor, fotografías a súa roupa; cando o fas en branco e preto, fotografías a súa alma.

 

Thoreau:

Non podes dicir máis do que ves.

-Ler a resposta dada por Paul Strand a esta afirmación

 

Tino Soriano:

Unha fotografía é un feliz encontro entre a anécdota e a xeometría.

 

Aprendamos a ollar tomando menos fotos.

 

Trent Parke:

Estou sempre perseguindo a luz. A luz converte en máxico o ordinario.

 

Vincent Van Gogh:

As grandes cousas fanse a partir dunha serie de pequenas cousas postas xuntas.

 

E o meu propósito na vida é crear pinturas e debuxos, tantos coma boamente poida; entón, ao final da miña vida, agardo ao marcharme ollar atrás con amor  e tenro sentimento e pensar… Oh, os cadros que podería ter feito!

 

Adoito pensar que a noite é moito máis rica en cores ca o día.

 

Virxilio Vieitez:

Cando és ti o obreiro e o empresario é cando traballas coma che parece, cando o fas coa túa idea.

 

Walker Evans:

Sexa ou non un artista, o fotógrafo goza da sensualidade, pola simple razón de que os seus ollos circulan polos sentimentos, non polos pensamentos.

 

Weegee

(Arthur H. Felling):

O meu nome é Weegee. Son o mellor fotógrafo do mundo.

 

William Albert Allard:

Teste que pedir máis a ti mesmo. Tes qeu comezar a buscar fotografías que ninguén máis pode facer. Tes que coller as túas ferramentas e ir máis alá.

 

William Eugene Smith:

A miña aspiración é captar a acción da vida, a vida do mundo, o seu humor, as súas traxedias; noutras palabras, a vida tal e coma é. Unha imaxe verdadeira, real, sen poses. […] Eu non fago fotos polo simple pracer de facelo, senon que, coma moitos dos antigos mestres da pintura, quero que simbolicen algo.

 

Emprego o ‘cropping’ para beneficiar ás fotografías. O mundo non se axusta convenientemente ao formato de 35mm.

 

Do modo máis especial, ela é probablemente a máis maxestuosa que tiven o privilexio de coñecer: unha combinación de marabillosa sabiduría e compaixón, unha forza de verdadeira humildade e verdadeiro orgullo que che dirixe a un coñecemento puro e equilibrado.

-Sobre Mrs. Maude Callen.

 

Wynn Bullock:

Cando estou facendo fotos, o que estou a facer en realidade é procurando respostas ás cousas.

 

Yosef Sudek:

A fotografía é rara, non debe desvelar moito, ten que dar pistas. Non sei como é noutras artes, pero a fotografía é así, ela debe aludir e os que a miran deben imaxinarse algo tras ela.

 

Amo a vida dos obxectos. Cando os nenos vanse á cama, os obxectos cobran vida. Gústame contar as historias da vida dos obxectos inanimados.

 

Yousuf Karsh:

O corazón e a mente son a verdadeira lente da cámara.

 

O carácter, coma a fotografía, revélase na escuridade.

 

Se o viches, foi porque o perdeches.

 

Mellor unha imaxe con ruído ca trepidada, ou peor aínda!… que voltar sen ela.

Advertisements