Xaque Mate

“O xadrez é imaxinación.”

GM D. Bronstein

Parece unha ilustración, pero non, trátase de fotografía, e non leva máis retoque ca un simple revelado dixital do arquivo RAW tocando os niveis básicos de edición.

Tanto o xadrez coma o baso están pegados sobre unha plancha de cristal usando silicona para elo. A base foi inclinada no ángulo axeitado para crear o efecto, igual que a cámara para facer o encadre que asemellase horizontal.

Aproveitando a inclinación quedábame un oco por baixo onde puxen un teléfono móbil coa súa lanterna LED acendida cara riba e cun filtro de cor que axudado por un equilibrio de brancos manual, producíu esa luminoscencia tan interesante pola esquerda da imaxe.

Un flash fóra de cámara, sincronizado á segunda cortinilla e un punto de luz contínua que situei por enriba á esquerda conforman o esquema de luz. Tiven que probar distintas posicións e potencias co flash de man para acadar o resultado que me convenceu.

Podería tomarme a liberdade de eliminar cun quitamanchas o anaco de logotipo que se pode observar no vaso (que era de publicidade) e cuxo retoque non afectaría en ningún caso ao contexto da imaxe, pero nin así quixen sementar as dúbidas sobre a pureza da fotografía… así que nin iso quixen retocar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s