Mundo prehistórico

“A postura clásica era a de crer que a capacidade de inventar e executar plans estaba limitada a so tres especies: os chimpancés, os gorilas e os seres humanos. Agora plantexábase a posibilidade de que tamén un dinosauro fose capaz de facelo.”

Michael Crichton

Os xoguetes son unha fonte de divertimento que inesgotábel. Serve para as crianzas e tamén para os adultos. A min encántame botar man dos xoguetes da miña filla para compoñer e recrear algunha escea.

Para este escenario prehistórico ademais dos monecos valínme dunha rocha e dos focos LED do teito.

Empregando a técnica da noite americana, configurando a cámara para que quede todo subexposto, subindo a velocidade o máis que poida e apoiándome nun flash externo controlado desde un emisor colocado na zapata, procuraba que o ambiente parecese nocturno. Aproveitei os focos do teito para simular unha lúa cun deles, agochando o resto tralos suxeitos.

Cun fino fío colgamos o dinosauro voador e a colocación elexíuse para buscar a coherencia ao ataque e que o observador teña a posibilidade de imaxinar máis ou menos éxito na acción.

O tiranosauro, aínda que pareza que lle dá as costas ao pterodáctilo, non podía ser situado doutro xeito. De darlle a volta amosaría parafusos moi chamativos perdendo realismo, problema que se resolve colocándoo ollando cara a esquerda do espectador tempo que fai intuír un ataque por ese lado e que ao agarda en posición defensiva descoidando o outro flanco e creando tensión e movemento na composición.

O virado a sepia evoca temporalidade e a pesar de que na prehistoria non había cámaras de fotos, a imaxe trata de achegarnos a esa época e documentarnos acerca dun acontecemento de supervivencia natural.

O viñeteado axuda tamén a crear atmósfera. E por suposto, non falta a textura para simular as peles e o resto de superficies.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s