Ingravidez

“É preciso rírse das cousas para manter o equilibrio”.

Ken Kesey

Non sempre as cousas son o que parecen. A maxia da fotografía fai que o imposíbel se volva visíbel e sinxelo. Todo é cuestión de perspectivas.

Unha copa de viño, ou neste caso auga con colorante xa que viño non tiña e inclinar a copa e a cámara no mesmo grao para que pareza unha toma horizontal.

So queda pórlle un fondo co que faremos o mesmo truco se perspectiva, e a poder ser, dalgunha escea que nos amose a horizontalidade e que a imaxe fose máis críbel.

Non ten que ser necesariamente unha fotografía. Se xogamos cunha profundidade de campo pequena, ou cun obxectivo cunha distancia focal media longa, coma un tele, o desenfoque dese fondo permitiranos pór incluso unha pintura, coma neste caso. Imaxinabas que o fondo era unha mintira que nin sequera estaba fotografada?

Coma dicía ao principio, a maxia da fotografía.

Advertisements

2 comentarios en “Ingravidez

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s